Climántica TV

Voltar a Climántica
« Volver

Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas”

0 comentarios | Canle CONGRESOS

Entre os días 13 e 14 de outubro celebrouse en Coimbra (Portugal) dentro do programa Ano Internacional do Planeta Terra, o Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas” onde o Proxecto Climántica tivo a oportunidade de darse a coñecer neste foro aberto a países como Brasil, Timor Leste, Cabo Verde, Mozambique, Guinea Bissau, San Tomé e Príncipe, Angola, e Portugal.

No evento estiveron representados diversas personalidades dos medios académicos, políticos e empresariais, responsables en educación, investigación e desenvolvemento dentro do marco das Ciencias da Terra e o Medio Ambiente dos países lusófonos. A presentación que levaba por título: Climántica, Educação Ambiental para a Sociedade das Alterações Climáticas, encadrouse dentro da sesión adicada á Educación e Historia en Geociencias. Encargouse de comunicala e defendela o xeólogo de Climántica José Lires Corbal.

Vídeos relacionados

  • Captura1
  • Captura
  • Captura
  • Laxe-hd-720p
  • Caride-hd-720p
  • Captura
  • Captura
  • Captura
  • Ignacio-pozo-hd-720p
  • Captura
 
0 comentarios