Climantopía: Unha viaxe sen idade cara a utopía do clima
0 comentarios | Canle CLIMANTOPÍAClimantopía é unha das iniciativas de Climántica para levar a Educación Ambiental a toda a cidadanía desde a dimensión lúdica. As mensaxes de sensibilización sobre o cambio climático e a crise ambiental fanse chegar a través do arte dramático, do humor, da música, da danza, da maxia e da expresión corporal.
Climántopía é un espectáculo pensado para a diversión e sensibilización de todas as idades que se estrou no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o día 21 de xuño, como actividade de peche do I Congreso Climántica de estudantes e que durante o verán estivo presente nos sete concellos núcleos de sostibilidade en 2008: Ponte Candelas (27 e 28 de xuño), Muros (4 e 5 de xullo), Guitiriz (11 e 12 de xullo), Allariz (18 e 19 de xullo), O Covelo (26 de xullo) Abegondo (1 e 2 de agosto) e O Barco de Valdeorras (8 e 9 de agosto).