Visita de técnicos do goberno de Baleares
0 comentarios | Canle PROXECTO CLIMÁNTICANa primavera de 2009 visitáronos os técnicos da Dirección xeral de Educación Ambiental e Cambio Climático do goberno de Baleares, Carlos Alonso Laita, Técnico superior de Cambio climático e Vicenç García i Fuster, Asesor técnico docente. A súa visita responde ao interese que Climántica espertou na súa Direccción Xeral. Carlos respondeunos a cuestións relativas ao seu ámbito técnico, presentando os efectos do cambio climático nas Illas, e as liñas técnicas do seu departamento na investigación, adaptación, mitigación. Tamén suliñou a importancia de Climántica para trasladar a toda a cidadanía a percepción deste reto. Vicenç, pola súa parte felicitou a Climántica pola súa capacidade para trasladar a Educación Ambiental desde o marco do cambio climático a todo tipo de centros educativos. Dixo que este proxecto era un modelo para Europa e Ibero América, e nesa liña, valorou Climántica como o espello para conseguir un impulso de calidade, na liña da súa Dirección xeral, para a rede de centros de Baleares “Centros Ecoambientais”.