Climántica TV

Voltar a Climántica
« Volver

Stephen Hawking: Cambio Climático e posibilidades do cosmos para a Humanidade

0 comentarios | Canle ENTREVISTAS

Transcrición da traducción que fixo o profesor Jorge Mira das declaracións de Hawkins nas que expresou o seu pensamento sobre as relacións entre cambio climático e o futuro do ser humano no cosmos. “Mentres nos situamos ao borde dunha segunda era nuclear e un período de cambio climático sen precedentes, os científicos teñen unha responsabilidade especial unha vez máis de informar ao público e aconsellar aos líderes acerca dos perigos que azoutan a humanidade. Como científicos estamos aprendendo como as actividades humanas e tecnolóxicas afectan aos sistemas climáticos en formas que poderían afectar para sempre a vida na Terra.

Como cidadáns do mundo temos o deber de compartir o coñecemento, tamén o deber de alertar ao público dos riscos innecesarios que estamos vivindo cada día e dos perigos que prevemos se gobernos e sociedades non toman accións. Creo que o futuro a longo prazo da raza humana será no espacio. Será moi difícil xa evitar un desastre no planeta Terra nos próximos 100 anos, non xa nos próximos 1000 ou un millón de anos. A raza humana non debería poñer todos os ovos na mesma cesta, ou no mesmo planeta. Esperemos evitar que a cesta caia antes de ter espallado a carga”

Vídeos relacionados

  • Captura
  • Captura-de-pantalla-2012-11-12-a-las-122209
  • Captura-de-pantalla-2011-12-07-a-las-122434
  • Foncseca
  • Imagen-3
  • Stephen-hawking
  • Nazareno-castillo
  • Gabriela-muller
  • Juan-dios
  • Honorio-guaschino
 
0 comentarios